DESCUBERTAS TRES ESTRELAS CUN HULA-HOOP
Recreación do sistema estelar descuberto / NASA
Os astrónomos que usan o telescopio espacial Spitzer da NASA descubriron un sistema estelar novo que "pestanexa" cada 93 días. Chamado 16 A YLW, o sistema está formado por tres estrelas en desenvolvemento, dúas das cales están rodeadas por un disco do material sobrante no proceso de formación estelar.
Os discos parecen non estar aliñado coas súas estrelas (que están no interior do sistema), probablemente debido á presenza gravitacional da terceira estrela que orbita na periferia.
Os movementos dos corpos interiores, que xiran un arredor do outro, provocan que o disco se mova como un hula-hoop. Os científicos sinalaron que este disco será o que acabe formando planetas e outros corpos celestes que, habitualmente, compoñen un sistema solar.
O telescopio "Spitzer" observou a luz infravermella de YLW 16 A, emitida polo gas quente e o po no disco. Trátase do último exemplo coñecido de sistema parpadeante e o segundo que se encontra nesa mesma rexión de formación estelar, coñecida como ’Rho Ophiuchus’. O achado suxire que estes sistemas poderían ser máis comúns do que se pensaba, segundo indicaron os expertos.
Os sistemas parpadeantes de estrelas con discos combados ofrecen aos científicos un xeito de estudar como se forman os planetas nestes ambientes.
Os planetas poden orbitar unha ou ambas as dúas das estrelas do sistema binario. O famoso planeta ficticio ’Tatooine’ da saga ’Star Wars’ xira ao redor de dúas estrelas, de aí os seus dobres atardeceres. Estes mundos denomínanse planetas circumbinarios.
Así, grazas a este descubrimento, publicado en "Astronomy & Astrophysics ", os astrónomos poden rexistrar como a luz é absorbida polos discos de formación planetaria durante as fases brillantes e débiles dos sistemas estelares parpadeantes e, á súa vez, revela información acerca dos materiais que compoñen o disco.
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios