OS FÓSILES MÁIS DESTACADOS DO MUNDO XII
A procura da verdade a través dunha lente científica está a permitirnos reconstruír a historia das orixes humanas a partir dos fósiles dos nosos antepasados. Afortunadamente, grazas aos fósiles, a evidencia sólida detrás da nosa imaxe da vida na Terra, temos unha boa fonte de información sobre a vida prehistórica no noso planeta.
Por raros e impresionantes que poidan ser, non todos os fósiles son igualmente famosos, ou tiveron o mesmo efecto profundo na paleontoloxía e na nosa comprensión da vida durante estes tempos remotos.
Continúo coa serie os fósiles máis destacados do mundo. Hoxe tócalle a...
12. O neno de Turkana
É o esqueleto máis completo descuberto ata o de agora. O neno de Turkana, un fósil case completo (tan só faltan mans e pés) de 1,6 millóns de anos de antigüidade, do que algúns científicos chaman Homo ergaster, unha poboación africana temperá de Homo erectus, é considerado o esqueleto máis completo dun humano prehistórico xamais atopado.
O neno, que foi descuberto en 1984 na rexión de Turkana en Quenia, mide 160 cms, o que indica que os homínidos volvéronse considerablemente máis altos desde os días de Lucy, hai 3,2 millóns de anos.
Crese que a causa da morte do neno foi unha septicemia xeneralizada a partir da infección dun dente.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es
0 comentarios