Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: A DEUS ROGANDO E CO MAZO DANDO

 

Cando desexamos algo, está ben encomendarse a Deus, á Providencia, pero facendo á vez todo o que estea na nosa man por lograr o que pretendemos. Nos tempos actuais, tomou un sentido crítico, pero bastante errado con respecto ao auténtico sentido do refrán, contra as persoas que rezan a Deus, pero fan daño, e polo tanto unha falta de coherencia entre o que se di e o que se fai.

Moitos libros sitúan este a orixe diste dito na localidade burgalesa de Mazuelo de Muñó, onde a historia conta que ía un bo home co seu carro cheo de comida. Súbitamente, o carro rompe a metade de camiño e o bo home, nada, queda parado mirándoo. En certo estraño momento da historia, deu en pasar San Bernardo e o noso bo home pediulle que intercedera diante Deus rogándolle da súa parte que repare o seu carro para que el puidese continuar o seu tristemente interrompido viaxe. San Bernardo contemplouno por un instante como o que duran os puntos suspensivos, con esa mirada tan típica dos sabios e, achando as palabras apropiadas, díxolle algo así: Eu rogarei a Deus por ti, amigo meu, pero mentres tanto, colle un mazo e empeza a reparar a roda rota do carro.

FONTE: Juan Giles/abc.es                     Imaxes: abc.es e territorioabierto.jesuitas.cl

0 comentarios