OS FÓSILES MÁIS DESTACADOS DO MUNDO XIX
A procura da verdade a través dunha lente científica está a permitirnos reconstruír a historia das orixes humanas a partir dos fósiles dos nosos antepasados. Afortunadamente, grazas aos fósiles, a evidencia sólida detrás da nosa imaxe da vida na Terra, temos unha boa fonte de información sobre a vida prehistórica no noso planeta.
Por raros e impresionantes que poidan ser, non todos os fósiles son igualmente famosos, ou tiveron o mesmo efecto profundo na paleontoloxía e na nosa comprensión da vida durante estes tempos remotos.
Continúo coa serie os fósiles máis destacados do mundo. Hoxe tócalle a...
19. O maior dinosauro da historia
Os fósiles descubertos no centro-norte da provincia de Chubut (Patagonia arxentina) do Patagotitan mayorum, que viviu a mediados do período Cretácico, hai aproximadamente 101 millóns de anos, no que é hoxe é o sur de América do Sur, móstrannos ao maior dinosauro da historia. O tamaño dos fémures atopados indican que un adulto podía chegar a medir máis de 35 metros desde a cabeza á cola. Podería alcanzar case as 70 toneladas de peso, coma se unísemos o peso de 11 elefantes africanos. Sen dúbida, o animal terrestre máis grande da historia do planeta Terra.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es Imaxes: muyinteresante.es e pinterest.es
0 comentarios