Blogia
vgomez

OS FÓSILES MÁIS DESTACADOS DO MUNDO XXII

A procura da verdade a través dunha lente científica está a permitirnos reconstruír a historia das orixes humanas a partir dos fósiles dos nosos antepasados.  Afortunadamente, grazas aos fósiles, a evidencia sólida detrás da nosa imaxe da vida na Terra, temos unha boa fonte de información sobre a vida prehistórica no noso planeta.

Por raros e impresionantes que poidan ser, non todos os fósiles son igualmente famosos, ou tiveron o mesmo efecto profundo na paleontoloxía e na nosa comprensión da vida durante estes tempos remotos.

Continúo coa serie os fósiles máis destacados do mundo. Hoxe tócalle a...

22. Os roedores prehistóricos

Iste é o primeiro mamífero coñecido: o Rugosodon eurasiaticus. Esta especie de mamífero xa extinto, medía 17 centímetros e pesaba 80 gramos. O seu aspecto debía ser parecido ao dunha rata ou un esquío contemporáneo e viviu hai 160 millóns de anos no territorio que hoxe é China. A pesar do seu pouco tamaño contaba cunha serie de características anatómicas que lle permitían desprazarse con axilidade por distintos terreos e ter unha dieta omnívora (podía alimentarse tanto de plantas como de animais). O seu descubrimento foi publicado en 2013 na revista Science.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

0 comentarios