Blogia
vgomez

APLICACIÓNS ECOLÓXICAS DA ORTIGA

Usar as plantas para protexer a outras plantas. Esa é a estratexia que guía a cada vez máis produtores ecolóxicos que escapan dos pesticidas ou abonos químicos. A ortiga, por exemplo, é unha das plantas máis eficaces para manter baixo control ao pulgón ou aos ácaros. Dende A Horta de Ana, danos as claves para elaborar insecticidas e abono de ortiga. Porque non son o mesmo. Cada un ten un uso e o seu proceso de elaboración é diferente. E xa combinado o seu uso cun funxicida elaborado con cola de cabalo a protección dos nosos cultivos será moito maior.

Insecticida de ortiga

Por cada quilo de ortigas hai que engadir 10 litros de auga. A mestura deixarase repousar durante 12 horas. O mestura resultante ten que combinarse nunha proporción do 20 % con auga. É dicir, por cada 2 litros habería que poñer 10 de auga. "Isto úsase para pulverizar sobre as plantas e podemos utilizalo xa nos plantóns de verduras de verán que se están poñendo nestes días nas hortas", conta Ana.

Funxicida con cola de cabalo

Combinar o uso dese insecticida natural cun funxicida, tamén bio, elaborado a base d cola de cabalo é unha das recomendacións desta agricultora ecolóxica para aumentar a protección das plantas. Para facelo basta con comprar, por exemplo, cola de cabalo seca da que se vende nas herboristerías. Hai que mesturar 4 litros de auga por 100 gramos de cola de cabalo e deixalo macerar durante doce horas. Logo hai que mesturalo con auga nunha proporción do 10%. Por cada litro de mestura, poñer 10 de auga. "O que  fai a cola de cabalo é achegar sílice e iso vai moi ben contra os fungos", conta Ana. A súa recomendación: aproveitar para pulveriza as plantas con insecticida de ortiga mesturado con iste funxicida.

Xurro de ortiga fermentada

Para elaborar este abono natural hai que mesturar un quilo de ortiga con dez de auga e deixalo fermentar. Removerse cada día e xusto estará listo cando ao revolvelo non se vexa escuma. Segundo Ana o proceso para obter esa substancia que pode utilizarse para abono no chan dura entre uns 10 e 12 días. Pero non pode aplicarse directamente. A mestura (que pode gardarse en  garrafas nun lugar escuro durante tres ou catro meses) hai que diluíla en auga nunha proporción do 10 %. É dicir, por cada litro de mestura hai que engadir 10 de auga. Iso é o que se bota ao chan. É recomendable usalo cando se fan transplantes porque axuda á raíz. Por exemplo, cando se plantan pementos, pode botarse ao redor de medio litro. Tamén cando se botan sementes é bo regalas logo con esa mestura porque lles axuda a brotar.

FONTE: M.C./lavozdegalicia.es    Imaxe: A Lois

0 comentarios