NON SE TRATA DE CORRER RÁPIDO, SENÓN DE ACABAR A CARREIRA
Existe unha fotografía icónica en branco e negro que forma parte da historia do deporte: unha moza corre o maratón de Boston de 1967 co dorsal 261. E de súpeto é atacada por un dos organizadores, que quere sacala da carreira por ser muller. Outros corredores, o seu adestrador e o seu noivo defenden a empuxóns o seu dereito para seguir correndo. E iso é o que Kathrine Switzer fixo: terminar a carreira, por ela mesma e por todas as mulleres que non tiveron a oportunidade de facelo.
Imaxe: welcomelua.wordpress.com
A atleta rompeu un tabú naquel maratón de Boston de 1967 e desde entón dedicou a súa vida para fomentar a igualdade de xénero no deporte e a afección polo running nas escolas como forma de empoderar aos nenos. En 1974 gañou o maratón de Nova York e finalizou outros 35 maratóns, sendo a pioneira que impulsou a inclusión desta modalidade nos Xogos Olímpicos. Fundadora da organización 261 Fearless, que organiza carreiras e grupos de running femininos, tamén é autora de libros como ‘Marathon Woman: Running the Race to Revolutionize Women’s Sports’ e ‘26.2 Marathon Stories’. “Agora mesmo, a unión do maratón, correr e o deporte son exemplos marabillosos de diversidade, inclusión, respecto e igualdade. Se podemos facelo nunha maratón, por que non en todo o mundo? Todos corremos xuntos e dános igual o xénero, como nos dá igual se corre un avogado ou un fontaneiro. Isto derruba unha gran cantidade de barreiras sociais e outras limitacións. O deporte consiste en motivar e respectar aos demais: esa é a maior lección que aprendín”, conclúe.
0 comentarios