ENCRUCILADO LXXVIII
VERTICAIS: 1. Ave limícola da orde dos caradriformes, de peteiro longo e recto, pescozo e patas curtas, ás arredondadas, ollos grandes situados moi atrás, plumaxe de tons pardos, negros e amarelos no dorso e marrón claro con listas pardas escuras nas partes inferiores, e de nome científico no Scolopax rusticola 2. Facerlle perder a serenidade a alguén 3. Capital de Uganda, na África Central 5. Cabo situado en Portugal, o punto máis occidental da Europa continental e coñecido polos romanos como Promontorium Magnum 6. Concello da provincia de Lugo, situado na comarca da Mariña occidental, onde a súa Semana Santa está declarada de interese turistico internacional 7. Río internacional do subcontinente indio que flúe a través de India e Bangladesh, sendo o máis importante dos sete ríos sacros do hinduismo, no que millóns de fieis báñanse para purificarse 9. Lira.
HORIZONTAIS: 4. Fracción de hidrocarburos obtida por destilación do petróleo cru que se emprega como materia prima na petroquímica ou como disolvente 6. Paxaro da familia dos oriólidos, de cor amarela, con ás e rabo negros, peteiro rosado e ollos vermellos, o macho, e de cor verdosa nas partes superiores, parda nas ás e no rabo e abrancazada con raias pardas nas inferiores, a femia 8. Peza de metal ou de cana que se coloca na embocadura de certos instrumentos de vento e produce o son ao vibrar.
0 comentarios