Blogia
vgomez

A DIVERSIDADE ENRIQUECE, SOMOS MELLORES CANDO NOS MESTURAMOS


Non hai pensamento sen tempo para pensar”, reivindica Remedios Zafra rescatando as palabras do sociólogo francés Pierre Bourdieu. O oficio desta ensaísta e científica é pensar. Pero etiquetar o seu traballo sería tan reduccionista como desacertado.

Científica titular no Instituto de Filosofía do Consello Superior de Investigacións Científicas de España (CSIC), as súas liñas de investigación oriéntanse ao estudo crítico da cultura contemporánea, o feminismo, as políticas da identidade nas redes e as transformacións do traballo creativo na cultura rede. “Hai dous cambios que, a finais do século XX, cambian a forma de entendernos e de relacionarnos como humanos: o feminismo e internet”, asegura.

Zafra é doutora pola Universidade de Sevilla e licenciada en Arte, licenciada en Antropoloxía Social e Cultural, posúe estudos de doutoramento en Filosofía Política e un Máster Internacional en Creatividade. Durante 20 anos foi profesora en varias universidades españolas e está acreditada como Catedrática en Arte e Humanidades. “A educación pública é a que garante que as persoas, independentemente de onde viñamos ou de como nacemos ou de cales son os nosos contextos, teñamos oportunidades”, defende a pensadora.

Na súa obra, Zafra analiza a cultura presente e como a Rede modifica as nosas relacións coa contorna, a sociedade, o pensamento, o modo de habitar e o propio corpo. É autora de ‘O entusiasmo. Precariedade e traballo creativo na era dixital’ (Premio Anagrama de Ensaio e Premio Estado Crítico ), ’Ollos e capital’, ‘Un cuarto propio conectado’ e, a súa última obra, ‘Fráxiles. Cartas sobre a ansiedade e a esperanza na nova cultura’.

0 comentarios