PORTÁTILES DO PROXECTO ABALAR
Sede corporativa de Coremain en Santiago de Compostela / El Correo Gallego
Unha empresa galega, coa súa sede corporativa en Santiago, Coremain, foi a elixida no concurso aberto pola Consellería de Educación para dotar de computadores portátiles aos seus alumn@s, dentro do Proxecto Abalar, frente a grandes compañías internacionais especializadas en alta tecnoloxía, da talla de Toshiba ou Dell. En total, serán 15.000 unidades de ultraportátiles por un importe de 4,6 millóns de euros, algo menos dos 4,88 que establecía a Xunta como orzamento máximo.
A Consellería de Educación presentou esta iniciativa, que se enmarca no proxecto Abalar, o pasado mes de marzo e a previsión é que o próximo curso 14.500 estudantes de quinto de primaria e de primeiro de ESO traballen na aula cos seus ultraportátiles. O investimento previsto para o 2010 é de doce millóns de euros, porque á compra de computadores hai que sumar a de canóns proxectores, lousas dixitais, así como para fomentar a formación en novas tecnoloxías.
O Ministerio de Educación, dentro do proxecto Escola 2.0, achega 4,3 dos 12 millóns, e o obxectivo final é que no 2013 teñan os seus portátiles todo o alumnado de quinto e sexto de primaria e primeiro e segundo de secundaria. Este plan que aposta polas novas tecnoloxías non se limita a achegar ordenadores, senón que tamén inclúe contidos multimedia.
Como xa se informou, o noso IES foi seleccionadao para a implantación o próximo curso 2010/2011 deste proxecto. Esperemos que todo se atope preparado a principios de curso!
FONTE: La Voz de Galicia.
1 comentario
pepe -
a foto e moi bonita, sabes como pagaron esas oficinas? cos cartos de todos recibindo subvencións a fondo perdido...