Blogia
vgomez

A ORIXE E O SIGNIFICADO DESTE SÍMBOLO: RECICLAXE

O símbolo orixinal da reciclaxe remóntase a 1970, grazas a un concurso organizado pola Container Corporation of América como parte do primeiro Día da Terra de abril dese ano. Por aquel entón, dita empresa do cartón, patrocinou un concurso nacional para estudantes de arte e deseño preocupados polo medio ambiente con obxecto de crear un símbolo que representase o proceso de reciclaxe de papel. Gary Dean Anderson gañou o concurso con este símbolo de tres frechas verdes (en honra á cor da natureza), que representan os recursos finitos da Terra e a necesidade de conservalos e renovalos para as xeracións futuras.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

0 comentarios