QUE PODE FACER A EDUCACIÓN PARA PREVIR A VIOLENCIA?
“As investigacións científicas achegaron evidencias de como unha educación emocional ten efectos en desenvolver as competencias sociais e emocionais, climas emocionais favorables á convivencia, á aprendizaxe, ao benestar; diminuír os índices de ansiedade, tensión, depresión, consumo de drogas, comportamento de risco, violencia e, mesmo, unha mellora do 11% no rendemento académico”.
Por que, entón, non se afonda nesta área nas escolas e colexios? Rafael Bisquerra, experto en educación emocional, considera que os informes PISA (Programme for International Student Assessment) obterían mellores resultados se fixera fincapé na intelixencia emocional, competencias emocionais e xestión das emocións dos estudantes.
Rafael Bisquerra é licenciado en Pedagoxía e Psicoloxía, doutor en Ciencias da Educación e presidente da Rede Internacional de Educación Emocional e Benestar (RIEEB). Catedrático de Orientación Psicopedagóxica, Bisquerra dirixe o Posgrao en Educación Emocional e Benestar e o Posgrao en Intelixencia Emocional nas Organizacións da Universidade de Barcelona e leva máis de tres décadas investigando o mundo das emocións, que plasmou en libros como ‘Educación emocional e benestar’, ‘Prevención do acoso escolar con educación emocional’, ‘A intelixencia emocional na educación’ ou ‘Competencias emocionais para un cambio de paradigma en educación’, entre outros. É o creador do primeiro “dicionario de emocións”, para nomear e aprender a xestionar os fenómenos afectivos desde a infancia.
“Para min, un dos obxectivos principais da educación emocional é a prevención da violencia, porque unha parte moi importante da violencia que hai no mundo orixínase na ira que non somos capaces de regular de forma apropiada”, conclúe o autor.
0 comentarios