Blogia
vgomez

CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE

Marte, deus da guerra, estandarte da paixón, a sexualidade e a virilidade masculina, é o nome do segundo planeta máis pequeno do sistema solar, despois de Mercurio. As dúas lúas do planeta, Fobos (en grego: "Medo") e Deimos ("Terror"), recibiron o nome de dous dos fillos de Ares e Afrodita (as contrapartes de Marte e Venus, respectivamente, na mitoloxía grega).

Co rover Perseverance da NASA dando os seus primeiros pasos polo planeta vermello e o pequeno helicóptero Ingenuity facendo tamén historia, Marte converteuse en obxectivo de tódalas miradas e, por tanto, nun mundo bastante concorrido ultimamente. Mentres o rover aclimátase á superficie marciana, rovers como o Curiosity, o seu precursor, continúan explorando a base do Monte Sharp (Aeolis Mons), unha montaña de varios quilómetros de altura no centro do cráter Gale.

Alí, usando o telescopio do instrumento ChemCam para facer observacións detalladas do terreo escarpado do monte  Sharp a distancia, un equipo franco-estadounidense encabezado por William Rapin, descubriu que o clima marciano rexistrado alí alternou entre períodos secos e máis húmidos, antes de secarse por completo hai uns 3.000 millóns de anos.

O clima de Marte probablemente experimentou varias fluctuacións a grande escala entre as condicións secas e as contornas dos ríos e lagos, ata que as condicións xeralmente áridas observadas a día de hoxe quedaron completamente afianzadas. Son algúns dos detalles que imos dilucidando dunhas misións que, como a de Curiosity, está encargada de caracterizar con máis detalle como evolucionou o clima antigo marciano.

Marte adoita ser un planeta bastante fácil de observar no ceo nocturno porque a súa órbita atópase fóra da Terra. Tamén é o único planeta cuxa superficie sólida e fenómenos atmosféricos pódense ver en telescopios dende o noso planeta e, grazas ás investigacións levadas a cabo desde a década de 1960, descubrimos que Marte é similar á Terra en moitos aspectos, como que posúe nubes, ventos e un día de aproximadamente 24 horas (24 horas 39 minutos, exactamente; ao redor dun 3% máis longo que o día solar na Terra).

Establecendo o dito como punto de partida, Marte ten outras curiosidades descoñecidas que che propoño averigualas nesta serie. Anímaste?

Pois ben, a partir de mañá irémolas debullando.

FONTE: Idea orixinal Sarah Romero/muyinteresante.es/ciencia

0 comentarios