Blogia
vgomez

ASÍ SUBIRÁ O NIVEL DO MAR EN 2050

A inundación permanente das zonas costeiras españolas máis deprimidas será un feito antes de non moitos anos. Unha páxina web permite visualizar, a partir dos datos obtidos polos científicos a través de satélites e mareógrafos, ata onde subirá o nivel do mar en todas as cidades costeiras do mundo no ano 2050.

A páxina web de Climate Central (unha organización mundial independente que reúne a científicos expertos en clima) mostra como algúns dos lugares de España máis ameazados pola subida do nivel do mar son: o Delta do Ebro, a Albufeira de Valencia, Santa Pola, o Mar Menor, San Fernando, Porto de Santa María (Cádiz), Doñana, as rías galegas, Avilés, Villaviciosa (Asturias), Santander, Ría de Treto (Cantabria), Bilbao, Mundaka (Biscaia).

En definitiva, as zonas costeiras de menor cota serán necesariamente as máis afectadas, e nelas inclúense numerosos espazos naturais protexidos e tamén grandes concentracións humanas.

En España, o último informe do Ministerio para a Transición Ecolóxica sinala que a cota de inundación na costa podería aumentar entre un 3% e un 8% en 2040 respecto da actual, como consecuencia da subida do nivel do mar.

Este incremento no nivel do mar provocará a redución da superficie de praias, afectación a infraestruturas urbanas (cos consecuentes custos económicos) e danos turísticos.

Desaparición de praias, marismas e humidais, inundacións costeiras, erosión do litoral, temporais, intrusión de auga salobre… Son algúns dos efectos do cambio climático que ameazan ás costas españolas e que foron recollidos no informe do Ministerio.

O nivel do mar aumentou 20 centímetros desde finais do século XIX. Pero vai a máis: xa se sitúa en até 3 milímetros ao ano de media. As últimas proxeccións globais de aumento do nivel do mar realizadas polos científicos apuntan a que podería alcanzar en 2100 entre 29 centímetros no escenario máis favorable e 110 centímetros no máis desfavorable, con 53 centímetros como media máis probable, o que afectaría a miles de localidades costeiras en todo o mundo.

Hai notables diferenzas entre as distintas costas españolas. Así, no Delta do Ebro a velocidade de ascenso do mar alcanza entre 5 e 8 milímetros ao ano, a máis alta de toda España.

Esta é a web onde podes consultar os datos, facendo zoom sobre a imaxe. As zonas en vermello son as que quedarán asolagadas de forma permanente.

FONTE: Joan Lluís Ferrer/farodevigo.es

0 comentarios