CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE (VIII)
Continúo coa serie CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE, o segundo planeta máis pequeno do sistema solar, despois de Mercurio, e similar á Terra en moitos aspectos, como que posúe nubes, ventos e un día de aproximadamente 24 horas (ao redor dun 3% máis longo que o día solar na Terra).
Imos coa sétima curiosidade!
7. En Marte hai auroras?
Así é. A aurora marciana ten lugar de noite e xérase pola interacción da luz solar con átomos e moléculas de osíxeno no aire. A emisión é moi difícil de ver, mesmo desde a Terra, que está relativamente preto. O Trace Gas Orbiter (TGO) da Axencia Espacial Europea foi capaz de fotografalas antes de entregar o módulo de aterraxe Schiaparelli, que se estrelou na superficie debido a un lanzamento prematuro do paracaídas. Ten auroras case tódolos días pero non podemos velas. Iso si, si puidésemos velas como as da Terra, necesitariamos unhas lentes ultravioleta.
FONTE: Idea orixinal Sarah Romero/muyinteresante.es/ciencia
0 comentarios