Blogia
vgomez

CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE (XII)

Continúo coa serie CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE, o segundo planeta máis pequeno do sistema solar, despois de Mercurio, e similar á Terra en moitos aspectos, como que posúe nubes, ventos e un día de aproximadamente 24 horas (ao redor dun 3% máis longo que o día solar na Terra).

Imos coa undécima curiosidade!

11. Os ocasos son azuis, no alaranxados como na Terra

Cun breve detemento observamos o Sol en cada unha das imaxes superiores, notaremos que na Terra pódese ver dun tamaño levemente maior que en Marte, o cal resulta lóxico si consideramos que o planeta vermello está un 50% máis lonxe do astro que nós. O pálido azulado, posiblemente produto da dispersión do po no planeta marciano, embelece o panorama cun esplendor único, fascinante, cativador... símil a unha paisaxe nórdica invernal, aínda que tamén suxire un escenario propio da ciencia ficción, non o crees?

FONTE: Idea orixinal Sarah Romero/muyinteresante.es/ciencia e pauta.cl  Imaxe: Damia Bouic/ NASA, JPL-Caltech, MSSS; Digital processing: Damia Bouic

0 comentarios