PREMIO NOBEL DE MEDICINA 2021
O xurado do Instituto Karolinska de Estocolmo outorgou este luns o Premio Nobel de Medicina a David Julius e Ardem Patapoutian por “o seu descubrimento dos receptores da temperatura e o tacto”.
Os achados dos dous premiados “permitíronnos entender como a calor, o frío e a presión poden xerar impulsos nerviosos que nos permiten percibir o mundo ao noso ao redor e adaptarnos a el”, sinala o comunicado do Instituto Karolinska de Estocolmo que outorga o premio. As súas investigacións teñen importantes aplicacións no tratamento da dor e de moitas enfermidades.
O estadounidense David Julius (Nova York, 1955), licenciado en Bioloxía no Instituto Tecnológico de Massachusetts, doutor en Bioquímica pola Universidad de Berkeley e profesor a Universidad de California en San Francisco, identificou o sensor das terminacións nerviosas na pel que responden a calor utilizando capsaicina, un composto dos pementos picantes.
Ardem Patapoutian (Líbano, 1967), é un biólogo e neurocientífico que actualmente ten nacionalidade estadounidense. Patapoutian descubriu os sensores celulares da pel e tamén dos órganos internos que responden á presión.
Parabéns!
0 comentarios