Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? VI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é Tricholoma equestre. Ou Tricholoma flavovirens, tamén coñecida como cogomelo dos cabaleiros, é un fungo non comestible. É do xénero Tricholoma que forma ectomicorrizas cos piñeiros. Aínda que foi considerada bo ou excelente comestible e foi moi consumida en Europa, especialmente en Francia, trátase dun cogomelo que pode ser tóxica consumida en grandes cantidades, capaz mesmo de provocar a morte. Trátase dun cogomelo cun sombreiro de mediano tamaño, convexo a plano convexo, de 5 a 10 cm de diámetro, con superficie lixeiramente viscosa, de cor marrón ocráceo a amarelo ocráceo, decolorado a amarelo cara aos bordos, recuberto de finas fibrillas radiais que se converten en finas escamiñas máis escuras cara ao centro.de 5-10 cm de diámetro, cunha altura similar nalgúns casos. O himenio é laminado, coas láminas de cor amarelada e esporas brancas. O pé cilíndrico ou lixeiramente engrosado na base, de 4 a 8 cm x 1 a 2 cm, empardece a partir da base coa idade.

E imos coa proposta de hoxe!

6. Identifica

- Lingua de vaca

- Lactarius controversus

- Cogomelo de cardo

- Amanita rubescens

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e es.wikipedia.org    Imaxe: lacasadelassetas.com

0 comentarios