PREMIO NOBEL DE ECONOMÍA 2021
David Card, Joshua Angrist e Guido Imbens / Imaxes: news.berkeley.edu/alchetron.com/iriss.stanford.edu
A Academia Sueca das Ciencias galardoou hoxe ao canadense David Card, ao estadounidense Joshua Angrist e ao neerlandés-estadounidense Guido Imbens co Premio Nobel de Economía. O xurado recoñece desta forma a Card as súas investigacións sobre as súas “contribucións empíricas no campo da economía do traballo”, e a Angrist e a Imbens polas súas “contribucións metodolóxicas na análise das relacións causais”.
O xurado valorou que os galardoados demostraron que se poden responder moitas das grandes preguntas da sociedade, a súa solución é utilizar experimentos naturais, situacións que xorden na vida real que se asemellan a experimentos aleatorios.
Así mesmo, consideran que o tres proporcionaron novos coñecementos sobre o mercado laboral e mostraron que conclusións sobre causa e efecto pódense extraer dos experimentos naturais, un enfoque que se estendeu a outros campos e revolucionou a investigación empírica.
David Edward Card (Guelph-Canadá, 1956) é economista laboral e profesor de Economía na Universidad de California en Berkeley.
Joshua David Angrist (1960) economista israelí estadounidense e profesor de economía no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts.
Guido Wilhelmus Imbens (1963) economista neerlandés-estadounidense, é profesor de Economía na Stanford Graduate School of Business desde 2012.
Parabéns!
0 comentarios