Blogia
vgomez

UNHA ESTRELA QUE XIRA SOBRE SI MESMA CADA 25 SEGUNDOS

Como media, o Sol vira sobre si mesmo unha vez cada 27 días, mentres que a Terra faio cada 24 horas. Pero a uns 2.000 anos luz de distancia hai unha anana branca, unha ’estrela vampiro’ que absorbe material dunha estrela compañeira, que bateu todas as marcas coñecidas ao virar sobre si mesma unha vez cada 25 segundos. O cal é moitísimo menos que as varias horas ou días que normalmente tarda unha anana branca ’corrente’ en efectuar unha rotación completa. Trátase, por tanto, da rotación estelar máis rápida xamais observada até agora. Sen contar, por suposto, obxectos tan estraños como as estrelas de neutróns ou os buracos negros. O achado publicouse no servidor da Universidade de Cornell arXiv.

Unha anana branca é o que queda dunha estrela de menos de dez masas solares cando esgota o seu combustible nuclear e expulsa violentamente as súas capas externas ao espazo. Trátase, de feito, dunha das etapas da evolución estelar. Unha que, por certo, atravesará a inmensa maioría das estrelas que coñecemos, incluído o Sol. Non en balde, as ananas brancas son, xunto ás ananas vermellas, as estrelas máis abundantes de todo o Universo.

O seu nome é LAMOST J0240 + 1952, forma parte dun sistema binario (dúas estrelas que se orbitan mutuamente) e atópase na constelación de Aries. Ten aproximadamente o mesmo tamaño da Terra, aínda que moitísimo máis densa, o que implica que é case tan masiva como o Sol. A súa forza gravitatoria é tan grande que si deixásemos caer sobre ela unha pedra desde uns poucos metros de altura, estrelaríase contra a superficie a varios miles de km por hora.

A ’culpa’ desta rotación tan rápida tena a súa compañeira, unha anana vermella moito maior que vira ao seu ao redor e que está a ser ’vampirizada’ pola súa pequena irmá. A forte gravidade da anana branca, en efecto, está a absorber material da outra estrela, e o gas ’roubado’ que cae sobre ela estaa facendo virar cada vez máis rápido, dunha forma análoga a como a auga que cae fai virar a roda dun muíño.

O achado tivo lugar durante a noite do pasado 7 de agosto. Foi entón cando a astrónoma Ingrid Pelisoli, da Universidade de Warwick, detectou xunto aos seus colegas un escintileo de luz que se repetía cada 24,93 segundos, revelando a rapidísima rotación da anana branca. 5 segundos menos, por certo, que a anterior marca de rotación estelar.

FONTE: José M. Nieves/abc.es/ciencia

0 comentarios