SABÍAS QUE... AS FORMIGAS E A POLINIZACIÓN
Cando no colexio estudamos a polinización normalmente fannos referencia ás abellas ou, con sorte, a algunhas bolboretas. A abella Maya é moi graciosa, pero este insecto heminóptero non é o único encargado de levar o pole dun lugar a outro. E a verdade é que verías multitude de veces na túa vida unha abella europea (Apis mellifera), tamén chamada abella doméstica ou melífera, precisamente polo seu uso para a elaboración de mel. Pero seguro que tamén atopache bolboretas, abellóns, polillas, moscas e mesmo colibríes furgando nas intimidades das flores. Todos estes pioneiros da fecundación artificial participan no transporte do pole desde o estambre até o estigma.
O que talvez nunca pensache é que as formigas contribúen á polinización. Como sempre indo dunha flor a outra, aínda que non con tanta pericia como insectos alados. Describíronse casos de polinizacón por formigas en máis de 40 especies de plantas pertencentes a 20 familias diferentes. De forma tradicional consideráronse malas polinizadoras por varias razóns: o pequeno tamaño en comparación coas flores, os seus hábitos de limpeza que rozan a obsesión, a ausencia de ás nas obreiras e a produción de sustancias antibióticas que pon en risco a integridade do pole. Pero si temos un elevado número de individuos que visitan de forma frecuente as flores a polinización pode ser efectiva. En 1974 o ecólogo James C. Hickman describiu o coñecido como “síndrome de polinización por formigas”, no que explicaba cales deben ser as características para que unha planta sexan polinizadas por formigas. Deben ser de porte pequeno, de pouca sincronía na floración dentro da planta, estas de poboacións densas, ademais de ter un nectario pequeno, con pouca densidade de néctar e con flores abertas e pequenas. Pero é que mesmo hai plantas que evolucionaron para ofrecer resistencia ao antibiótico natural producido polas formigas, son o xénero Conospermum.
FONTE: Eugenio Manuel Fernández Aguilar/muyinteresante.es
0 comentarios