OS 10 ANIMAIS MÁIS INTELIXENTES DO MUNDO (IV)
Contúo coa listaxe dos 10 animais máis intelixentes do mundo, tendo en conta que a intelixencia non é exclusiva do ser humano. O reino animal está integrado por ao redor dun millón de especies diferentes e algunhas delas teñen habilidades cognitivas asombrosas. E non só instintivas, tamén racionais. Memoria, sentimentos, emocións, resolución de problemas de pensamento, entendemento ou razoamento, consecución de obxectivos, adaptación á contorna, capacidade de comprensión, calidades comunicativas… Algúns animais teñen mesmo conciencia de si mesmos.
4. Polbo
É o invertebrado máis intelixente do planeta. É capaz de resolver problemas, aprende dos seus erros e elabora estratexias de caza. Sente dores emocionais complexos, como os humanos. Ten unha memoria extraordinaria, elevadísima capacidade de aprendizaxe, capacidade de xogo, trazos estables de personalidade e conciencia de si mesmo. O seu oito brazos son capaces de ‘pensar’ e de tomar decisións de maneira independente, xa que os polbos contan con nove cerebros, un principal na cabeza e oito secundarios, un en cada tentáculo. Os científicos sospeitan que soñan, pois mentres dormen experimentan un estado análogo ao REM humano e cambian de cor, coma se reaccionasen a algún tipo de fantasía.
Mañá seguiremos!
FONTE: Ramón Díaz/farodevigo.es
0 comentarios