OS 10 ANIMAIS MÁIS INTELIXENTES DO MUNDO (V)
Contúo coa listaxe dos 10 animais máis intelixentes do mundo, tendo en conta que a intelixencia non é exclusiva do ser humano. O reino animal está integrado por ao redor dun millón de especies diferentes e algunhas delas teñen habilidades cognitivas asombrosas. E non só instintivas, tamén racionais. Memoria, sentimentos, emocións, resolución de problemas de pensamento, entendemento ou razoamento, consecución de obxectivos, adaptación á contorna, capacidade de comprensión, calidades comunicativas… Algúns animais teñen mesmo conciencia de si mesmos.
5. Porco
É o animal doméstico máis intelixente do mundo, máis que o can. De feito, os porcos que conviven con cans desde curta idade case sempre adoitan converterse nos líderes da manda. Os porcos (tamén os xabarís) son capaces de resolver labirintos, expresar e recoñecer emocións e comprender representacións abstractas. Sorprendentemente, pasan a proba do espello a unha idade máis temperá que os seres humanos. Son capaces de adaptarse a unha enorme variedade de condicións ambientais para sobrevivir. Teñen unha moi boa memoria a longo prazo e gran capacidade de aprendizaxe, interactúan socialmente e mostran empatía cos seus conxéneres e mesmo con exemplares doutras especies.
Mañá seguiremos!
FONTE: Ramón Díaz/farodevigo.es
0 comentarios