Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO XCII

ENCRUCILLADO XCII

 

VERTICAIS: 1. Nome da chuvia de meteoros de actividade alta, cuxo período de actividade esténdese entre o 1 e o 5 de xaneiro e que ten como corpo proxenitor o asteroide 2003 EH1 3. Corda longa e grosa que se usa para suxeitar a carga do carro ou dun remolque 7. Arbusto da familia das buxáceas, de follas perennes, pequenas e brillantes, e de madeira moi dura que se emprega para facer culleres, cuncas, gaitas etc., e que ten por nome científico Buxus sempervirens 9. Parte inferior do ventre que forma un triángulo entre as dúas coxas e se cobre de pelo na puberdade.

HORIZONTAIS: 2. Molusco da clase dos cefalópodos, de corpo ovado e groso, cunha cuncha calcaria interna e unha bolsa de tinta coa que escurece a auga en situacións de perigo e que ten por nome científico Sepia officinalis 4. Río galego, pertencente á vertente cantábrica, que nace na serra do Xistral e que despois dun percorrido de 42 km desemboca na ría de Viveiro 5. Illa galega da provincia da Coruña, situada case no centro da Ría de Arousa, a 4 km ao sueste do porto de Ribeira 6. Capital do país africano de Eritrea 8. Mamífero carniceiro da familia dos mustélidos de pelo longo e espeso, agrisado no lombo, negro nas patas e no ventre, e abrancazado con dúas listas negras que van desde o fociño ata detrás das orellas, que vive en tobos profundos e ten costumes nocturnos e de nome científico Meles meles 10. Concello da provincia de Pontevedra, localizado entre a serra do Suído e a ría de Vigo, atravesado polo río Oitavén, famoso polo castelo que leva o seu nome.

0 comentarios