Blogia
vgomez

OS 10 ANIMAIS MÁIS INTELIXENTES DO MUNDO (IX)

Contúo coa listaxe dos 10 animais máis intelixentes do mundo, tendo en conta que a intelixencia non é exclusiva do ser humano. O reino animal está integrado por ao redor dun millón de especies diferentes e algunhas delas teñen habilidades cognitivas asombrosas. E non só instintivas, tamén racionais. Memoria, sentimentos, emocións, resolución de problemas de pensamento, entendemento ou razoamento, consecución de obxectivos, adaptación á contorna, capacidade de comprensión, calidades comunicativas… Algúns animais teñen mesmo conciencia de si mesmos.

9. Rata



É un animal moi sociable, actúa con lóxica para resolver problemas e é capaz de planificar e elaborar estratexias. É a especie que máis test de intelixencia pasou e mostra sempre resultados asombrosos. As ratas son extraordinarias resolvendo labirintos e teñen unha memoria prodixiosa: cando aprenden unha ruta xamais a esquecen. Algúns estudos concluíron que son animais sensibles, que padecen tensións, que senten empatía e mesmo que sofren remorsos cando realizan unha mala acción. Son capaces de aprender, memorizar e asimilar todo tipo de conceptos complexos. As ratas domésticas, ademais, poden chegar a aprender trucos e a responder ao seu propio nome.

Mañá rematamos!

FONTE: Ramón Díaz/farodevigo.es

0 comentarios