TRES FORMAS DE FALAR COS TEUS FILLOS ADOLESCENTES
Coñece ben a montaña rusa adolescente porque leva varias décadas acompañando a familias no camiño da educación. “Os 20 anos que nos toca educar aos fillos son os máis complicados da vida e o últimos cinco son os máis difíciles”, recoñece o médico psicoterapeuta Antonio Ríos.
Licenciado en Mediina e Cirurxía pola Universidade de Alacante, e doutoramento na Unidade de Psiquiatría na Universidade de Valencia, Ríos é especialista en orientación e psicoterapia familiar, de parella e con adolescentes. “Moitos dos conflitos xéranse nas familias e son elas quen teñen que buscar as solucións”, asegura o terapeuta. Actualmente dirixe o Centro FAyPA, un espazo de orientación e terapia en Alacante, España.
Antonio Ríos foi tamén docente en varios másteres de psicoloxía e imparte talleres en escolas de pais e nais. Para axudar a familias e profesores a encarar as pendentes e bucles da adolescencia creou o videolibro ‘Adolescente na casa 5 anos de trincheira!’. Con singular sentido do humor, Ríos lembra que hai unha parte positiva: “a adolescencia é unha etapa cun principio e un final, é dicir: termínase!”. Que non cunda o pánico.
0 comentarios