QUE É O pH NEUTRO?
Continúo coa recuperación de partes dos programas de Órbita Laika, programa divulgativo da ciencia presentado por Eduardo Saénz de Cabezón emitido na cadea española TVE2, polo seu interese.
Neste caso Que é o pH neutro? pola química Deborah García. Ela falou do pH, unha variable creada para medir o nivel de acidez dunha sustancia sobre a que viran numerosos mitos relacionados coa cosmética, a limpeza e mesmo a alimentación.
A primeira definición que se deu dunha sustancia aceda facía referencia ao seu sabor ou á súa reacción co mármore ou algúns metais. Outra característica descuberta foi a súa capacidade de tinguir de vermello determinados pigmentos, como o tornasol, unha sustancia que se extrae dalgúns líquenes e actúa como indicador colorimétrico. En contacto con sustancias acedas, como o zume de limón, Deborah mostrou cunha demostración como a súa cor varía, nunha escala comprendida de 0 a 14.
Tras descubrir como obter indicadores de pH a través do tornasol ou as antocianinas da col lombarda, Deborah desmontou unha dieta sustentada no pH: a dieta alcalina, sen base científica algunha, xa que ningunha dieta pode modificar o pH do noso corpo. Ela aclarou tamén o concepto de “pH neutro”, tan utilizado ao falar de cosméticos: Cando se di que un cosmético ten pH neutro, o cientificamente correcto sería dicir que ten un pH neutro para a pel, é dicir, de valores similares: entre 4 e 6.
0 comentarios