Blogia
vgomez

O CEREBRO E AS SÚAS CONEXIÓNS

 

Por que a unhas persoas dánselles mellor os estudos que a outras? É só unha cuestión de esforzo ou de capacidade? Como funciona a nosa mente cando estudamos? Héctor Ruiz Martín defínese a si mesmo como “un biólogo ao que sempre lle apaixonou a educación”. Desde hai anos, investiga cientificamente as accións e circunstancias coas que o noso cerebro aprende mellor. O seu obxectivo é tender pontes entre o mundo educativo e os descubrimentos científicos máis recentes sobre o cerebro: “As ciencias cognitivas avanzaron de forma exponencial nos últimos anos. O que sabemos agora, debería chegar a quen máis proveito lle pode sacar: estudantes, docentes e xestores educativos”, explica. Nos seus libros ‘Aprendendo a aprender’, ‘Como aprendemos’ e ‘Coñece o teu cerebro para aprender’, axúdanos a entender como funciona o noso cerebro para que os nosos hábitos de estudo sexan máis efectivos, estudando as estratexias de aprendizaxe máis eficaces e desmitificando outras que non o son.

Héctor Ruiz é experto en neurociencia e psicoloxía da aprendizaxe, director da ‘International Science Teaching Foundation’ e asesor educativo. Investiga no campo da psicoloxía cognitiva da memoria e a aprendizaxe. Tamén foi profesor, tanto na educación secundaria como na universidade.

0 comentarios