CANTO SABES SOBRE OS POLBOS?
Os polbos están considerados entre os animais máis intelixentes da fauna. Teñen unha gran capacidade de aprendizaxe, tanto no ámbito social como no espacial, e mesmo son capaces de resolver problemas sinxelos. No puramente físico, teñen tres corazóns, nove cerebros e poden cambiar a cor e a textura da súa pel segundo a cantidade de luz ambiente que o rodea. Agora, varios novos estudos arroxan máis datos sobre estes curiosos animais. Un dos máis recentes asegura que, do mesmo xeito que ocorre cos seres humanos, o seu cerebro pasa mentres dormen por diferentes ciclos, nos que soñan e cambian de cor. Un segundo traballo apunta a que poden paladear calquera cousa que pase polos seus tentáculos antes de levarllo á boca.
Estas e outras cousas máis poder aprender, ou lembrar, nesta serie na que poño a proba os teus coñecementos sobre un dos animais máis enigmáticos do océano... ou do espazo exterior...
Anímaste? Pois comezamos!
1. Xa que imos falar dos polbos, o primeiro que deberiamos saber de que tipo de animais trátase. De entrada pode resultarche estraño, pero os polbos pertencen ao fílo dos...
- Moluscos
- Rotíferos
- Crustáceos
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: nationalgeographic.com.es/naturaleza Imaxes: nationalgeographic.com.es/naturaleza e iStock/nationalgeographic.com.es/naturaleza
0 comentarios