CANTO SABES SOBRE OS POLBOS? III
Continúo coa serie adicada aos polbos, considerados entre os animais máis intelixentes da fauna e un dos animais máis enigmáticos do océano... ou do espazo exterior...
A contestación correcta á pregunta do día anterior é Os polbos non teñen cuncha, pero tivérona outrora e perdérona nalgún punto da súa evolución. Así é, os polbos de hoxe son animais invertebrados e carecen tanto de ósos como doutras partes duras como a cuncha. Con todo, segundo un estudo publicado hai uns anos na revista Current Biology, parece que os polbos primitivos posuían uns duros e pesados caparazóns cuxa perda permitiulles obter unha maior mobilidade, dando lugar aos áxiles e maleables animais que hoxe coñecemos.
E imos coa pregunta de hoxe!
3. Dentro dos moluscos, xunto a outras especies, os polbos pertencen á clase dos cefalópodos. Saberías dicir cal destes animais é un intruso que non pertence a esta clase?
- Lura
- Xiba
- Náutilo
- Quitón
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: nationalgeographic.com.es/naturaleza Imaxe: iStock/nationalgeographic.com.es/naturaleza
0 comentarios