Blogia
vgomez

CASTROS DE GALICIA

Un castro é un poboado fortificado, polo xeral prerromano, aínda que existen exemplos posteriores que perduraron ata a Idade Media en Europa e propios de finais da Idade do Bronce e da Idade do Hierro. Atópanse con frecuencia na península ibérica, en particular no noroeste coa cultura castrexa e na meseta coa cultura das cogotas.

A palabra castro provén do latín castrum, que significa "fortificación militar" (de aí vén a palabra española castrense, "relativo ao militar"). Outro nome co que se coñece aos castros é oppidum (en plural oppida), en particular cando son de gran tamaño.

O castro estaba carente de rúas que formen ángulos rectos e cheos de construcións de planta case sempre circular. As casas máis antigas eran maiormente de palla-barro e as máis recentes de mampostería. O teito era de ramaxe e barro e despois de varas longas. Fundamentalmente, eran estancias únicas. Sitúanse en lugares protexidos naturalmente (alturas, revoltas de ríos, pequenas penínsulas), preto de fontes e terreos cultivables e no límite entre estes e zonas máis altas de pastoreo. Estaban protexidos por un ou máis fosos, parapetos e murallas que bordeaban o recinto habitado.  

A época de máximo florecimento está entre os séculos IV-II a. C. e demostran maior contacto comercial co exterior os do sur que os do norte, e os costeiros que os do interior. Ao final do século I e coincidindo coa fase final da conquista romana, algúns presentan indicios de destrución das murallas e nalgúns casos de inmediata reocupación.

Na nosa terra, Galicia, hai multitude de castros. Esta serie, pretende facer un repaso de boa parte deses castros e a súa localización.

O próximo día, comezaremos co primeiro, que non podía ser doutra maneira, o da nosa localidade: O castro de Santa Trega.

FONTE: es.wikipedia.org            Imaxe: sites.google.com/a/menesianosreinosa.org/la-edad-antigua/home

0 comentarios