Blogia
vgomez

ESPECIES ENDÉMICAS DE ANIMAIS DE ESPAÑA VIII (FIN)

Remato coa serie adicada as especies endémicas de animais de España. A maioría delas están en risco, e merece a pena coñecelas para poder protexelas mellor.

8. SAPIÑO DE VERRUGAS VERDES IBÉRICO

O sapiño de verrugas verdes ibérico (Pelodytes ibericus), é un anuro, unha especie de sapo endémico da península ibérica que é relativamente pequeno, de entre 29 e 43 mm, comparado con outros sapos, e distínguese pola seu ancho fuciño redondo.

Ten a cabeza tan longa como ancha. As femias son sensiblemente máis grandes. A cor da pel é variable, adoita presentar unha cor oliváceo máis ou menos escuro chegando á cor parda. O dorso ten pequenas  prominencias  ovoides ou redondeadas (verrugas) de cor verdoso, a zona ventral presenta unha cor clara, variando desde o amarelo pálido a tons agrisados.

As ameazas, en xeral son as que afectan a outras especies de anfibios, destrución dos seus hábitat, a contaminación ou desaparición dos medios acuáticos que utiliza para reproducirse, ben sexa por factores antrópicos directos ou por outros de tipo climático (secas severas).

E así remato esta serie que pretendía coñecer mellor as especies endémicas animais de España.

Ata a próxima serie!

FONTE: Idea orixinal Amina Jover/quo.eldiario.es/ciencia e es.wikipedia.org

0 comentarios