Blogia
vgomez

BIOECOSOFÍA

 


A chamada “pedagoxía de emerxencia”, creada en 2006 polos Amigos da Pedagoxía Waldorf (Freunder der Erziehungskunst) de Alemaña, consiste nun soporte psicosocial de primeiros auxilios para nenos e mozos que viven experiencias traumáticas. No ano 2010, a educadora e experta en pedagoxía Waldorf Anita Isla foi unha das pioneiras en aplicar esta pedagoxía de emerxencia en Chile, por mor da catástrofe natural provocada por un terremoto e posterior tsunami. Desde entón, Anita Isla continúa o seu traballo como educadora e formadora de profesores, que desenvolveron a pedagoxía de emerxencia en máis de 26 países. “A través da arte, do movemento, do tacto, a través dos xogos rítmicos, de cantos e, sobre todo, a través de contos podemos axudar a superar un trauma”, describe a investigadora.

No seu blog de divulgación detalla metodoloxías como o xogo libre, o poder terapéutico dos contos, o dereito ao aburrimento e o que define como “bioecosofía”: a defensa da vida, a contorna e a sabedoría. “Debemos devolver aos nenos á natureza, ao bosque, aos cerros, porque eles son o futuro. Debemos salvar aos nenos do déficit de natureza que lles provoca ecofobia, medo á contorna natural. Nos colexios, a ecoloxía e o slogan ‘Salvemos o planeta’ xa non nos serve. Necesitamos que os educadores se transformen en axentes que promovan todas estas prácticas para, de verdade, devolverlle á infancia todo isto que perdeu”, conclúe.

0 comentarios