Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO XCIX

ENCRUCILLADO XCIX

VERTICAIS: 1. Nome do pico situado na Serra dos Ancares, con 1992 msnm, sendo o máis alto da mesma 2. Concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Mariña Oriental, no que o río Eo sepárao do concello asturiano de Castropol 3. Apelido da escritora galega (Santiago de Compostela, 1977) autora do poemario Delicia, publicada no ano 1998 7. Serra do centro de España pertencente ao Sistema Central, situada entre as provincias de Salamanca, Cáceres, Ávila, Madrid e Toledo, e cuxa máxima altitude dáse na provincia de Ávila na Praza do Mouro Almanzor a 2.592 msnm 10. Mar europeo localizado ao nordés da península de Crimea, entre Rusia e Ucraína, que comunica co mar Negro a través do estreito de Kerch e nel desembocan os ríos Don e Kubán.

HORIZONTAIS:  4. Un dos dous idiomas con carácter oficial na India, xunto co inglés 5. Pico máis alto de Marrocos e de toda África do Norte, situado no Atlas, e que acada os 4.167 msnm 6. Árbore de xardín de follas perennes coriáceas, de cor verde brillante pola face e parda polo envés, e grandes flores brancas moi recendentes 8. Peixe da familia dos espáridos, de corpo oval, fociño alongado con catro cairos curvos, cor gris con manchas verdosas e as aletas ventrais e anal alaranxadas, que ten por nome científico Dentex dentex 9. Nome dun dos grandes ríos de Europa Central, o máis importante da vertente mediterránea, que discorre por Suíza e Francia, cunha lonxitude de 812 km.

0 comentarios