CINCO ANIMAIS ASOMBROSOS QUE CONSEGUEN MOVERSE POLO AIRE SEN ÁS (III)
Contunúo coa serie adicada a cinco animais asombrosos que conseguen moverse polo aire sen ás e que desenvolveron estratexias evolutivas que lles permite planar longas distancias, e nalgúns casos, mesmo voar sen ás.
3. Arañas, pilotos de enxeños voadores
Febras de tea de araña listas para botar a voar / Wikimedia/CC BY 3.0 Little Grove Farms
Moitas especies de arañas desprázanse polo vento, pero non teñen adaptacións corporais para facelo, senón que fabrican un vehículo coa súa seda. Primeiro buscan un terreo elevado desde o que lanzarse. Alí preparan o seu equipo de voo, construído exclusivamente con seda. Fixan a seda nun punto, e van tecendo unha serie de estruturas filamentosas que, chegado o momento, despréndense dos seus amarres e sucan o aire, coa araña suspendida nelas. Atopáronse arañas flotando a 4.000 metros de altitude, e sábese que conseguen desprazarse centos de quilómetros de distancia.
A técnica destas arañas comparouse tradicionalmente co funcionamento dun parapente. Por suposto, o vento tería moito que ver, e teno durante o voo; con todo, observouse que as arañas teñen preferencia por iniciar o voo cando o vento está en calma. O que fan non é, en realidade, flotar no vento, empregan outro sistema moi diferente.
A atmosfera é un fluído cargado eléctricamente, algo que evidenciamos moi ben durante unha tormenta, e as arañas poden percibilo. A seda das arañas tamén ten certa carga, que permite que as febras mantéñanse separadas unhas doutras sen enredarse, por efecto da repulsión, e ademais, xerar a forza suficiente para despegar e voar.
Continuará...
FONTE: muyinteresante.es/naturaleza
0 comentarios