Blogia
vgomez

DETECTAN UNHA FORTE EXPLOSIÓN DUNHA ESTRELA VAMPIRO

 

A primeira explosión da estrela nova RS Ophiuchi aconteceu o 8 de agosto de 2021. Dende ese momento, investigadores do CSIC activaron un amplo dispositivo de seguemento da erupción. O 9 de agosto comezaron as observacións da nova mediante o sistema de telescopios cherenkov da colaboración MAGIC, ubicados no Observatorio del Roque de los Muchachos (La Palma).

A erupción de RS Ophiuchi é un evento moi raro no ceo en raios gamma: é a nova máis luminosa e co fluxo máis alto detectada en raios gamma ata a data, e observámola xusto a tempo”, comenta Rubén López-Coto, investigador do CSIC no Instituto de Astrofísica de Andalucía e un dos líderes do estudio publicado en Nature Astronomy. Tanto as observacións na Palma, a rapidez coa que reaccionaron os investigadores e a colaboración MAGIC, como a alta sensibilidade dos seus telescopios, foron de gran axuda na detección da nova a cen mil millóns de veces maiores que a luz visible.

As novas son fenómenos estelares explosivos que se producen en sistemas binarios de estrelas nos que unha das compoñentes é unha anana branca (o denso núcleo dunha estrela de tipo solar que se expulsou da súa atmosfera). Esta anana branca ‘vampiriza’ o material da súa estrela compañeira, que se acumula e forma unha capa de hidróxeno superficial.

Ao alcanzar certa masa crítica, desencadéase unha explosión que fai aumentar en miles de veces o seu brillo e expulsa as capas externas a velocidades de miles de kilómetros por segundo. Cando pasa un tempo, o sistema estabilízase e o proceso de acumulación de materia sobre esta anana branca retómase. Este proceso aconteceu na nova recurrente RS Ophiuchi, cuxa última explosión mostra unha inédita emisión en raios gamma moi enerxéticos.

O grupo de investigación comprobou que a explosión foi tan enerxética que puido producir fortes ondas de choque no medio que rodeaba o sistema estelar, encargadas de acelerar as partículas subatómicas do medio interestelar ata velocidades cercanas ás da luz.

No caso específico da nova RS Ophiuchi 2021, as observacións de MAGIC e doutros telescopios revelaron que os raios gamma de moi alta enerxía son producidos por protóns, partículas cargadas positivamente que consitúen os núcleos de átomos de hidróxeno. A pesar de que as erupcións de novas son menos enerxéticas que as das supernovas, nas que a estrela morre na explosión, tamén son máis frecuentes. Os resultados do grupo da colaboración MAGIC e os seus compañeiros, indicaron que a maioría dos raios cósmicos que permean na Vía Láctea, xéranse noutras forntes, as novas poden ser aceleradores de protóns moi eficientes.

FONTE: gciencia.com

0 comentarios