BOLBORETAS IV
Continúo coa galería das bolboretas máis fascinantes e bonitas do mundo. As bolboreta, eses insectos lepidópteros fáciles de observar no campo.
3. Bolboreta pavo real
Á rechamante Bolboreta pavo real (Inachis io) gústalle, na primavera, alimentarse das flores de salgueiro, así que este é unha boa árbore ao que arrimarse para tentar ver a unha destas bolboretas tan espectaculares e presentes en todo o continente europeo e zonas temperadas de Asia ata chegar polo leste a Xapón. É unha das bolboretas da fauna galega.
Esta bolboreta ten unha envergadura de ás de 50 a 55 mm. A cor de fondo das ás é un vermello oxidado, e as puntas das ás levan unha distintiva mancha ocular ou ocelo de cor negra, azul e amarela.
A parte inferior das ás é moi diferente, moito menos rechamante e dunha cor críptica marrón escura ou negra.
FONTE: muyinteresante.es/naturaleza e gl.wikipedias.org Imaxe: Korall, wikimedia e
0 comentarios