CHUVIA
Hai que tomar a vida con optimismo. Porque xa o di o refrán: “Nunca choveu que non escampara”. E de chover sabemos moito os galegos!
A chuvia é un fenómeno atmosférico de tipo hidrometeorolóxico que se inicia coa condensación do vapor de auga que forma pingas de auga, as cales pasan a formar as nubes. A calor atmosférica orixina o ascenso das nubes e o seu arrefriado, co cal crece o tamaño das pingas de auga e o seu maior peso fainas precipitar cara á superficie terrestre, dando orixe así á chuvia.
Segundo a definición oficial da Organización Meteorolóxica Mundial, a choiva é a precipitación de partículas líquidas de auga, de diámetro maior de 0,5 mm ou de pingas menores, pero moi dispersas. De non alcanzar a superficie terrestre non sería chuvia, senón virga, e, se o diámetro é menor, sería orballo. A choiva mídese en litros caídos por metro cadrado.2
A chuvia depende de tres factores: a presión atmosférica, a temperatura e, especialmente, a humidade atmosférica.
No vídeo superior Déborah Vukusic completa a información!
FONTE: gciencia.com e es.wikipedia.org
0 comentarios