AS 5 PLANTAS MÁIS INVASORAS DE ESPAÑA II
Continúo coa serie adicada as plantas invasoras no noso país, que representan máis do 35 % das especies reguladas polo Ministerio de Transición Ecolóxica e que poden provocar impactos graves e de maior magnitude que moitas especies animais, ao actuar con ritmo lento e de forma pouco aparatosa, son ignoradas polo groso da sociedade.
2. Rabogato
Orixinaria do nordeste de África, o rabogato (Pennisetum setaceum) atopou o seu lugar óptimo de invasión no arquipélago canario.
Actualmente está presente en todas as illas, aínda que nalgunhas conseguiuse erradicar case por completo.
Dispérsase facilmente polas marxes das estradas, aproveitando as correntes de aire que xera o paso de vehículos. En Canarias, esta especie compite fortemente coa vexetación nativa, ata chegar a desprazala.
Isto pode ser realmente problemático en ecosistemas insulares, onde existen moitos endemismos e unha elevada sensibilidade ás perturbacións.
Actualmente atópase tamén nalgunhas localidades da costa mediterránea (Almería, Granada e Málaga) e na costa atlántica (Cádiz).
A prevención volve ser prioridade contra esta especie. A eliminación manual debe realizarse cando a planta non está en floración, e repetirse varias veces ao ano para que sexa efectiva, e eliminar os xuvenís que vaian germinando tras as primeiras pasadas.
Mañá a terceira planta invasora!
FONTE: Vary (Álvaro Bayón)/muyinteresante.es e juntadeandalucia.es/agriculturaypesca
0 comentarios