UNHA POSIBLE MEGATREBOADA DE METEORITOS HOXE POLA NOITE
Os cométas son astros coñecidos pola súa fraxilidade. Formados a grandes distancias ao Sol por unha amálgama de partículas de po, xeos e materia orgánica adoitan perder masa e mesmo desintegrarse progresivamente cando alcanzan órbitas de período curto que dan lugar a pasos próximos ao Sol. Ao sublimarse os xeos xeran comas e colas ao redor dos núcleos cometarios pero ás veces a propia estrutura do cometa pode debilitarse, desmoronándose e xerando a fragmentación do núcleo en múltiples pezas.
Imaxe infravermella do Telescopio Espacial Spitzer da NASA do cometa fragmentado 73P/Schwassman-Wachmann 3, deixando un rastro de entullos ao seu paso / NASA/ JPL-Caltech/W. Reach (SSC/Caltech)
A Terra atravesará a última noite maio unha nube de entullos creada polo cometa Schwassmann–Wachmann 3 (SW3), tamén coñecido como 73P/Schwassmann- Wachmann (73P), cando comezou a súa fragmentación en 1995, así como outros ronseis previos do mesmo cometa.
Este tránsito, que só ocorre cada 16 anos, disparou o interese de astrónomos e afeccionados, porque segundo as predicións poderíase observar un estraño estalido que superaría os mil meteoros por hora, aínda que tamén é posible que non se poida ver nada.
Este ano, o paso de SW3 pode poñerse máis interesante que en anteriores ocasións, porque este cometa establece unha corrente coñecida como os meteoros Tau Herculid. No pasado, esta corrente non deixou moitos espectáculos, pero nesta ocasión ocorre algo diferente: o noso planeta cruzará tres correntes de entullos desprendidos de SW3: os deixados polo cometa en 1995, e tamén os deixados en 1892 e 1897.
Este ano, os fragmentos de SW3 pasarán aínda máis preto do noso planeta e, por tanto, poderían producir unha fermosa choiva de estrelas fugaces, aínda que que o espectáculo se produza vai depender da velocidade que alcancen os entullos.
Se finalmente chegan a nós este ano, os entullos de SW3 golpearán a atmosfera da Terra moi lentamente, a só 12 quilómetros por segundo (43.000 km/h), polo que a súa luminosidade será reducida, a non ser que sexan partículas de máis dun centímetro, capaces de producir bólidos. Ademais, como o episodio coincide coa Lúa nova, haberá pouca luz e será máis fácil observar o espectáculo, aínda que sexa tenue.
A choiva Tau Herculid alcanzará o seu punto máximo esta noite, 30 de maio e na próxima mañá, 31 de maio. A Terra podería atravesar a cortina deses entullos ao redor das 5 horas TUC (Tempo Universal Coordinado) do 31 de maio (+2 hora no noso país). Nese momento, o punto radiante, do que veriamos xurdir os meteoros producidos por ese particular fuso de partículas, atoparíase no cenit en Centroamérica, a uns 10º de altura no arquipélago canario e practicamente no horizonte visto desde a península ibérica.
FONTE: farodevigo.es e investigacionyciencia.es
0 comentarios