OS 100 VOLCÁNS QUE TEN ESPAÑA (II)
Continuación!
Ademais, no medio da cidade de Olot atópase o Montsacopa, que cun cráter de 120 metros de diámetro alíñase entre os volcáns Mopntolivet e da Garrinada.
Volcán Montsacopa / aventuraenmoto.wordpress.com
Hai entre uns 15 e 16 millóns de anos que está documentado o vulcanismo en Cabo de Gata (Almería), cando se iniciou a actividade magmática no mar de Alborán. Non hai tampouco ningún signo activo, pero é o conxunto volcánico máis complexo da península ibérica xa que conta con volcáns submarinos e en superficie, como son os domos de lava, como o Frade e o Frade mozo, e as caldeiras volcánicas, como a caldeira do Chumbo ou a de Majada Redonda.
Cerro dos Frades / tripadvisor.es
Estes dous cerros, denominados “O Frade” e “O Frade Mozo”, foron en orixe un volcán illado que expulsou lava a través de dúas chemineas volcánicas. O cerro do Frade constitúe o punto máis alto da Serra de Cabo de Gata, cunha altitude de 493 metros.
Continuará!
FONTE: Elaborado a partir artigo publicafo en farodevigo.es
0 comentarios