Blogia
vgomez

GLOSARIO NUTRICIONAL: VITAMINAS



As vitaminas son a outra gran pata dos micronutrientes. Non só o organismo as precisa en pequenas cantidades, senón que a concentración presente en alimentos é tamén mínima. Non existe un alimento que conteña as cantidades adecuadas de cada tipo, senón que se reparten entre os distintos grupos. E ollo, porque de non fornecerse nos valores adecuados, pode aparecer unha enfermidade carencial específica. De forma xeral, clasifícanse en dous grupos:

- As hidrosolubles. Tales como a vitamina C, as do grupo B: tiamina (B1), riboflavina (B2), niacina (B3), a B6, a biotina, o ácido fólico, a vitamina B12 e o ácido  pantoténico. Como o seu propio nome adianta, asócianse a alimentos cunha maior achega de auga.

- As liposolubles, cuxa absorción estará asociada ao consumo de alimentos graxos. Estas posúen maior capacidade de acumularse no organismo, e por tanto, un maior risco de intoxicación. Non ocorre o mesmo coas hidrosolubles, que se excretan de forma máis sinxela e é máis común que presenten déficits. As vitaminas A, D, E e K son liposolubles.

Onde atopalas?

- A tiamina, ou a vitamina B1 pódese localizar en fontes dietéticas de orixe animal como as vísceras, a carne (e especialmente, na carne de porco).
- A niacina, ou vitamina B3 está presente nos cereais, nos legumes, no aguacate, figos, dátiles ou ameixas, en froitos secos, en peixes ou en casquería como fígado, riles ou corazón.
- A vitamina B6 atópase en alimentos de orixe vexetal como  os cereais, nos plátanos, ou nas luces. Tamén peixes, carnes e ovos.
- O ácido fólico atópase nas verduras de folla verde como as espinacas ou as acelgas no fígado, nos garavanzos e nas sementes.
- A vitamina B12 está presente nos lácteos, en ovos, riles, ostras e en todas as carnes e peixes.
- A vitamina C está na maioría de froitas e verduras, especialmente as críticas, os pementos, os tomates e o brócoli.
- As fontes principais de vitamina A son as espinacas, a leituga, os chícharos, o allo porro, a col rizada e a xema de ovo.
- A vitamina D está presente en peixes graxos como o bonito, o  atún, a cabala ou o arenque. Tamén en lagostinos, leite e derivados graxos ou a xema do ovo.
- A vitamina E atópase principalmente no xerme de cereais, froitos secos, aceites vexetais, verduras de folla de cor verde intensa, ovos, leite e manteiga.
- Por último, a K pódese localizar, especialmente, en vexetais de folla verde como as espinacas ou os legumes. Tamén, nas carnes, ovos e cereais.

Continuará!

FONTE: lavozdelasalud.lavozdegalicia.es       Imaxe: infosalus.com

0 comentarios