Blogia
vgomez

PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS 2022: INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA E TÉCNICA

Os científicos expertos en intelixencia artificial Geoffrey Hinton (canadense e británico), Yann LeCun (franco-estadounidense), Yoshua Bengio (canadense) e Demis Hassabis (británico) foron galardoados co Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2022, segundo fixo público onte o xurado encargado da súa concesión.

Os catro expertos en intelixencia artificial conseguiron impulsar nos últimos anos as redes neuronais, ferramentas baseadas en complexos modelos matemáticos que pretenden reproducir o funcionamento do cerebro humano nun computador e que se aplican en robótica, sistemas de seguridade de vehículos, asistentes de voz ou tradución de idiomas

Geoffrey Hinton (Londres, Reino Unido, 6 de decembro de 1947) fraduose en Psicoloxía Experimental na Universidade de Cambridge en 1970 e doutorouse en Intelixencia Artificial pola Universidade de Edimburgo en 1975.

Yann LeCun (Soisy-sous-Montmorency, Francia, 8 de xullo de 1960) graduose en Enxeñería Eléctrica na Escola Superior de Enxeñeiros en Electrotécnica e Electrónica de París en 1983 e doutorouse en Ciencias da Computación pola Universidade Pierre et Marie Curie (París) en 1987. 

Yoshua Bengio (París, Francia, 5 de marzo de 1964) graduose en Enxeñería Informática en 1986 na Universidade McGill (Canadá), onde tamén cursou un máster e doutorouse en Ciencias da Computación. Cumpriu estudos postdoutorais no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e nos  AT&T Bell Laboratories, xunto ao grupo de LeCun. Desde 1993 é profesor no Departamento de Ciencias da Computación e Investigación Operativa da Universidade de Montreal.

Demis Hassabis naceu en Londres (Reino Unido) o 27 de xullo de 1976. Neno prodixio do xadrez (aos trece anos era xa un recoñecido xogador) e apaixonado da programación, aos dezasete uniuse á compañía Bullfrog Productions como deseñador de videoxogos, onde creou xogos de éxito como Theme Park. Estudou na Universidade de Cambridge, na que se  graduo en 1997 en Ciencias da Computación, e en 1998 fundou a empresa de videoxogos Elixir Studios, coa que creou proxectos para multinacionais como Microsoft ou Vivendi. En 2009 doutorouse en Neurociencia Cognitiva no University College de Londres e completou os seus estudos en Harvard (EE. UU.) e o Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT).

Parabéns!

FONTE: fpa.es

0 comentarios