FAUNA EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN GALICIA XI
En Galicia, segundo o catálogo da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, hai máis dunha vintena de especies en perigo de extinción. Imos co apartado dos réptiles, nos que hai tres especies ameazadas. Dúas delas son tartarugas, das que falaremos hoxe.
Sapoconcho común / Dudva/Wikimedia Commons e Tartaruga de coiro / Bernard Dupont/Wikimedia Commons
21. Sapoconcho común (Emys orbicularis)
Malia que a Xunta a inclúe ao sapoconcho común (Emys orbiculari)s como especie en perigo de extinción, o catálogo de Patrimonio Natural recoñece que a súa presenza en Galicia é “moi rara”, confirmándose en espazos moi concretos e illados do sur de Pontevedra e Ourense. O seu número en Galicia, polo tanto, é moi reducido e descoñécese a cifra total de exemplares que pode haber na comunidade.
Esta especie ocupa masas de auga doce con pouca corrente e con abundante vexetación nas ribeiras. Porén, a alteración deste hábitat, así como a captura de exemplares, son as súas principais amezadas. De igual modo, hai dúas especies introducidas que tamén contribúen a poñer en perigo ao sapoconcho común: o sapoconcho de Florida (Trachemys scripta elegans) e a perca americana (Micropterus salmoides).
22. Tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea)
A outra especie ameazada é a tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea) que, a diferenza da anterior, ten unha presenza regular nas costas galegas. De feito, é un dos sapoconchos mariños máis frecuentes nestas zonas. Agora ben, o seu estado de conservación está moi comprometido por dúas razóns principais: as capturas accidentais debidas á pesca e a contaminación mariña. Esta última, segundo indican dende Patrimonio Natural, está protagonizada pola inxestión de plásticos, que se adoitan confundir con medusas e provocan a morte da tartaruga.
Continuará!
FONTE: gciencia.com/medioambiental
0 comentarios