CONTA ATRÁS PARA A VOLTA AO COLE
Volta ao cole / O Bicheiro/Luis Davila
Comezou a conta atrás para a volta ao cole en Galica. Así, as clases arrincarán en todas as etapas o xoves 8 de setembro e finalizarán o 21 de xuño de 2023.
O xoves 8 o inicio das clases para todos os niveis educativos (Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato), que ata o momento tiñan datas distintas. A finalización será o mércores 21 de xuño de 2023 con carácter xeral, fóra dos ensinos de réxime especial, que rematarán o 30 dese mesmo mes, e 2º de Bacharelato que debe axustarase ao calendario da EBAU.
En canto aos períodos vacacionais, estarán fixados do 23 de decembro ao 6 de xaneiro, ambos os incluídos, en Nadal; os días 20, 21, e 22 de febreiro para Entroido; e desde o día 3 ao 10 de abril, ambos os incluídos, para Semana Santa.
Así mesmo, serán non lectivos os festivos de ámbito estatal, autonómico e municipal. No caso das festas locais, se unha ou dúas coinciden con días que non son lectivos de acordo con o calendario escolar, os centros poderán solicitar á xefatura territorial de Educación que se movan a outras xornadas "argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica" antes do 21 de outubro. No caso de A Guarda, teremos un festivo local coincidindo co día de santa Trega, o 23 de setembro, venres. O outro será a proposta do centro, sendo recomendable que os centros da nosa localidade elixan o mesmo día non lectivo, para o que se buscará o consenso entre todos os centros para a súa selección.
Á parte de todos eles, a Xunta estableceu a celebración do Día do Ensino, que será non lectivo, o luns 31 de outubro de 2022.
Bo curso a tod@s!
0 comentarios