Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CXIII

VERTICAIS: 1. o (Spondyliosoma cantharus) Peixe mariño da familia dos espáridos, de cor azul tirando a negra ou verde agrisada no dorso, e costados e ventre máis claros con liñas lonxitudinais douradas, con mome científico Spondyliosoma cantharus  2. Insecto da familia dos mántidos, de cabeza pequena, triangular, móbil e con grandes ollos, corpo alongado de cor verde ou tirando a parda e patas dianteiras adaptadas para a caza, de nome científico Mantis religiosa 3. Parroquia na que se atopa o cruceiro (que leva o seu nome) máis emblemático e elaborado dos cruceiros galegos, situado na praza que se abre fronte á igrexa de Santo André, románica do século XII, no concello de Cangas-Pontevedra, atribuido á man de Xosé Cerviño García, tamén chamado Pepe da Pena 6. Cidade portuguesa na que se atopa a emblematica Torre de Belém, situada na desembocadura do río Texo 9. Río máis longo de Autralia, con 2.508 km.

HORIZONTAIS: 4. Montaña máis alta do Canadá (5.959 m) e segunda de Norteamérica despois do Denali (Alasca) 5. Apelido do escultor galego, nado en Troán-Cuntis-Pontevedra en 1940 e autor, entre outras, do Monumento ao Caudillo Celta que se atopa no Castro de Santa Trega 7. Nome do arquipélago pontevedres, situado frente á peninsula de Monteferro-Panxón, en Nigrán, cunha superficie de 16,6 hectáreas 8. Gran xénero de plantas dicotiledóneas orixinarias de rexións tropicais e subtropicais húmidas dá familia Malvaceae, que en Galicia atopamos exemplares da especie Butilon pictum, con follas verde profundo, sapicadas de manchas amarelas e flores amarelas e vermellas 9. Xénero extinto de mamíferos proboscídeos da familia Elephantidae coñecidos comunmente como mamuts.

0 comentarios