CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? VI
Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.
A contestación correcta á pregunta de onte é Augusto. Gaius Iulius Caesar Octavianus Augustus, chamado tamén César Augusto e Octavio Augusto, naceu en Roma, 23 de setembro de 63 a. C. e morreu en Nola, 19 de agosto de 14 d. C. Foi o primeiro emperador romano. Gobernou desde o ano 27 a. C. ata a súa morte no 14 d. C., tras un prolongado reinado de catro décadas.
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Cal foi o último emperador romano?
- Linicio
- Joviano
- Olibrio
- Rómulo Augústulo
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe:
0 comentarios