ANIMAIS EXTINTOS X
Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.
Se onte falamos do Macrotis, hoxe tócalle o turno á...
10. Quagga
A quagga (Equus quagga quagga) era unha subespecie de cebra común. Era bastante curiosa, pois só presentaba raias na metade frontal do seu corpo. Vivía en Sudáfrica e foi moi perseguida despois de que os colonos holandeses chegasen e atopásena competindo cos animais domésticos pola forraxe. Extinguiuse en estado salvaxe en 1878 e o último espécime cativo morreu en Amsterdam en 1883. É o único animal extinto cuxo ADN foi extraído, secuenciado e estudado completamente.
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza
0 comentarios