Blogia
vgomez

ANIMAIS EXTINTOS XVI

Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.

Se onte falamos do Arao xigante, hoxe tócalle o turno á...

16. Tartaruga xigante de Pinta

A tartaruga xigante de Pinta (Chelonoidis abingdonii) foi unha subespecie endémica da illa Pinta das illas Galápagos (Ecuador). Considérase extinta, e o último exemplar coñecido, o Solitario George, morreu en 2012 por causas naturais (probablemente aos 112 anos).

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza  

0 comentarios