ANIMAIS EXTINTOS XXIII
Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.
Se onte falamos da Cotorra de Carolina, hoxe tócalle o turno á...
23. Antílope azul
O antílope azul do Cabo (Hippotragus leucophaeus) desapareceu non só porque o seu hábitat fose invadido pola agricultura, senón porque os colonos europeos dedicáronse a cazalos indiscriminadamente na sabana africana. Era un animal que a pesar de ser a especie máis pequena do seu xénero, tivo que ser un animal moi belo. Presentaba un peso corporal dun 150 kg e unha lonxitude de 1,1 metros na súa etapa adulta. O antílope azul foi declarado extinto en 1800.
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza
0 comentarios